viernes, 22 de abril de 2022
Día do libro
Este sábado 23 celébrase o día do libro e dende a Biblioteca queremos recomendarvos algunhas novidades que temos na se de Aido por se queredes pasar a ver estas e outras publicacións. Recordade que estamos abertos os xoves de 16:30 a 18: 30!!!
jueves, 21 de abril de 2022
Víches iso?
Este é o título do novo libro que dende a Biblioteca se regala as aulas para este trimestre. Unha publicación que permite seguir afondando no mundo das aves ,sobre todo as galegas, con boas ilustracións e datos interesantes!
miércoles, 6 de abril de 2022
Máis novidades inclusivas
Coma comentábamos fai uns días, novos fondos entran en Aido coa temática da inclusividade, pasen e lean!!!
viernes, 1 de abril de 2022
Semana de Biblio segundo trimestre 2022
Seguimos coa semana da Biblioteca nas escolas ante a imposibilidade de reunirnos en Aido. Neste trimestre o equipo da Biblio elaborou unha actividade LIM interactiva sobre o conto "O peizoque Roque" e otra máis manual onde o alumnado propoñia palabras fermosas igual que no conto e que se ían añadindo os ovos dunha Bubela ata confeccionar unha especie de "atrapasoños" moi especial. Aquí algunhas fotos de coma foi a actividade na escola de Raxó e de Reis:
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






















