martes, 8 de abril de 2014

ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE

Cada trimestre e como remate do proxecto que levamos a cabo en cada escola celebramos un días especiais nos que cada escola se desplaza á biblioteca e pasamos alí a mañá enteira realizando diferentes actividades lúdicas e de animación á lectura.

Este primeiro trimestre estivo adicado a Leandro Lamas, como xa sabedes, e aquí tedes un video e fotos no que podedes ver o ben que o pasamos.


OBRAS DE LEANDRO

Estas son algunhas das obras ilustradas por Leandro Lamas que tedes á vosa disposición na biblioteca "Lucho do Peto".

Xa sabedes que podedes coller libros prestados usando o voso carne persoal e levalos á vosa casa durante 15 días.

ANIMÁDEVOS!!!!!!












LEANDRO LAMAS


 No primeiro trimestre decidimos traballar a obra do ilustrador Leandro lamas en tódolas escolas do Cra.

Aquí vos deixamos un enlace o seu blogue por si vos apetece curiosear a súa obra.


 




A BIBLIOTECA ANTES ...E AGORA

Un dos obxectivos deste curso era facerlle un lavado de cara á nosa biblioteca.

COMO VEDES CONSEGUÍMOLO!!!!!!!!.

Estades todos convidados a visitarnos. Xa sabedes que o noso horario é tódolos mércores de 16:00 a 18:00 horas. 

 ESPERÁMOSVOS!!!!!!!!!





AVELINO POUSA ANTELO

A biblioteca do Cra de Teo "Lucho do Peto" recibe este nome por ser o apodo polo que se lle coñecía ó ilustre mestre "Avelino Pousa Antelo". Dende este blogue queremos facer unha homenaxe a Avelino que anos atrás inaugurou a nosa biblioteca e que xa non está con nós.



LUCHO DO PETO

Presentámosvos a nosa mascota da biblioteca "Lucho do Peto" feita co material de refugallo por un neno do Cra de Teo gañador do concurso "A mascota da biblioteca" e adicada a Avelino Pousa Antelo. Coñecíadela?